Austria

Modelo:Xeografía políticaAustria
Republik Österreich (de)
Österreich (de) Editar o valor em Wikidata

HimnoLand der Berge, Land am Strome Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aleste Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 48°N 14°L / 48, 14Coordenadas: 48°N 14°L / 48, 14
CapitalViena Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación8.979.894 (2022) Editar o valor em Wikidata (107,06 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá
língua de sinais austríaca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie83.878,99 km² Editar o valor em Wikidata
Auga1,7 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago Constanza, Lago de Neusiedl (pt) Traducir, Río Rin, Río Danubio, Río Inn, Rio Salzach (pt) Traducir, Thaya (en) Traducir e río Morava Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoGrossglockner (pt) Traducir (3.798 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoLago de Neusiedl (pt) Traducir (115 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de novembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernorepública federal parlamentarista (pt) Traducir
República semipresidencialista Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataAlexander Van der Bellen (2017–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoAustrian Federal Government (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Chanceler Editar o valor em WikidataKarl Nehammer (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento Austríaco (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialConstitutional Court of Austria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal480.368.403.893 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Orzamento123.488.300.000 € (2024) Editar o valor em Wikidata
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.at Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+43 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 122, 133, 144 (pt) Traducir, 140 (en) Traducir, 120 (pt) Traducir e 123 Editar o valor em Wikidata
Código de paísAT Editar o valor em Wikidata
Código NUTSAT Editar o valor em Wikidata

BNE: XX450936

Austria (Gl-Austria.ogg pronunciación ) (en alemán: Österreich, De-Österreich.oga [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria (Gl-República de Austria.ogg pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, Republik Österreich.ogg [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara ao mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros.[1] A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República.[2][3] A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nunha área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas.[4][5] En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da primeira guerra mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi.[6] Esta situación durou até a fin da segunda guerra mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentaria composta por nove estados federais. A capital, e cidade maior do país, con 1,93 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE.[7] Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995,[8] adoptando como moeda o euro en 1999.

  1. "Austria". The World Factbook. Central Intelligence Agency. 14 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009. 
  2. "Die Bevölkerung nach Umgangssprache, Staatsangehörigkeit und Geburtsland" (PDF). Statistik Austria. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2010. Consultado o 17 de novembro de 2010. 
  3. "Austria". Encyclopædia Britannica. 31 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009. 
  4. Market Liberalism: A Paradigm for the 21st Century, page 247, David Boaz, Edward H. Crane, Cato Institute, Washington D.C. 1993, ISBN 978-0-932790-98-9
  5. The Transformation of European Politics, 1763–1848, Oxford History of Modern Europe, page 209, Paul W. Schroeder, Oxford University Press, 1996, ISBN 978-0-19-820654-5
  6. "Anschluss". Encyclopædia Britannica. 24 de setembro de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009. 
  7. "Austria About". OECD. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2009. Consultado o 20 de maio de 2009. 
  8. "Austria joins Schengen". Migration News. maio de 1995. Consultado o 30 de maio de 2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy