Autoestrada A3

A3
Autoestrada Porto-Valença
TipoloxíaAutoestrada de peaxe
Ruta europeaE01
Lonxitude112 km
Localización
InicioPorto
FinFronteira con España (AP-9)

A Autoestrada Porto-Valença é unha vía de alta capacidade que une Porto coa fronteira con España en Valença, atravesando no seu percorrido Vila Nova de Famalicão, Braga e Ponte de Lima.

Rematouse no 1998 e é un eixo fundamental na comunicación co norte de España. A A3 comeza na circunvalación de Porto, Vía de Cintura Interna e tras deixar a A4 ó leste en Águas Santas e atravesar Santo Tirso e Vila Nova de Famalicão, chega a Braga. Dende Braga, a A3 segue até Ponte de Lima e a partir de aquí comeza a travesía da autovía pola Serra de Arga, que remata no val do Miño en Valença, onde enlaza con Galicia.

A A3 forma parte da E-01 e no Plano Rodoviário Nacional 2000, inclúese no Itinerario Principal 1. A súa concesionaria é Brisa e a infraestrutura é de peaxe dende Maia até Valença.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in