Autoridade Nacional Palestina

Modelo:Xeografía políticaAutoridade Nacional Palestina

HimnoBiladi Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 31°53′N 35°12′L / 31.88, 35.2Coordenadas: 31°53′N 35°12′L / 31.88, 35.2
Poboación
Lingua oficialÁrabe palestino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1994 Editar o valor em Wikidata
Disolución5 de xaneiro de 2013 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porEstado de Palestina Editar o valor em Wikidata

Páxina webminfo.gov.ps Editar o valor em Wikidata

A Autoridade Nacional Palestina (ANP; árabe: السلطة الوطنية الفلسطينية As-Sulṭah Al-Waṭaniyyah Al-Filasṭīniyyah) é a organización administrativa establecida para gobernar Cisxordania e a Franxa de Gaza, a raíz dos acordos de Oslo de 1993.[1][2] Tralas eleccións de 2006 e o conseguinte Conflito de Gaza entre Fatah e Hamás, o seu dominio reduciuse só ata a Franxa de Gaza. Fundada orixinalmente co nome de Autoridade Nacional Palestina, o goberno de Fatah renomeouno co nome de Estado de Palestina despois de que Nacións Unidas o recoñecera mediante votación como Estado observador non membro.[3]

A Autoridade Nacional Palestina formouse en 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e o goberno de Israel, como un goberno provisional de 5 anos. As negociacións posteriores, que se debían celebrar entre as dúas partes, estaban destinadas buscar un status final para o estado palestino. A día de hoxe, máis de dezasete anos despois da creación da Autoridade, este status aínda non se alcanzou.

Segundo os acordos de Oslo, a Autoridade Palestina designouse exclusivamente para controlar asuntos relacionados coa seguridade e cos civís palestinos nas zonas urbanas (coñecidas como "Area A") e só o control civil nas zonas rurais de Palestina ("Area B"). O resto dos territorios, incluíndo Asentamentos israelís, o Val do Xordán rexións e estradas entre comunidades palestinas, debían estar baixo control israelí ("Area C"). Xerusalén Leste non se incluíu nos acordos. Co tempo, os cambios políticos provocaron que os ámbitos controlados pola Autoridade tamén cambiaran. As negociacións con varios gobernos israelís lograron que a Autoridade conseguise un maior control nalgunhas áreas, pero este control perdeuse cando as Forzas de Defensa de Israel recuperou varias posicións estratéxicas durante a Intifada de Al-Aqsa. En 2005, despois da Segunda Intifada, Israel retirouse unilateralmente dos seus asentamentos na Franxa de Gaza, estendendo así o control palestino en toda a rexión.

Nas Eleccións Lexislativas Palestinas celebradas o 25 de xaneiro de 2006, Hamás saíu vitorioso e nomeou a Ismail Haniyeh Primeiro Ministro. Porén, o goberno de unidade nacional palestino derrubouse cun violento conflito entre Hamás e Fatah, especialmente na Franxa de Gaza. Despois de que a Batalla de Gaza de 2007, coa que Hamás pasou a controlar a zona, o presidente Mahmoud Abbas despediu o goberno liderado por Hamás nomeou a Salam Fayyad Primeiro Ministro. Aínda que o novo goberno reclamou autoridade sobre todos os territorios palestinos, o control de Hamás na Franxa de Gaza provocou que o goberno só controlara Cisxordania. O presuposto da Autoridade provén principalmente de programas de axuda exterior e da Liga Árabe, mentres que o goberno de Gaza dependía na súa maior parte de Irán, ata o comezo da Primavera árabe.

Dende 2007, a Autoridade Nacional Palestina continuou supervisando os territorios palestinos en Cisxordania, mentres que o goberno da Hamás continuou controlando a Franxa de Gaza. Un acordo de reconciliación para unir ambos gobernos, firmado no Cairo en 2011, ratificado no 2012. Porén, novas tensións entre eles, ademais dos efectos da Primavera árabe (especialmente a guerra civil siria), atrasaron a súa aplicación. En 2011, representantes da Autoridade non conseguiron mellorar o seu status nas Nacións Unidas, aínda que o seu status finalmente cambiou a membro de pleno dereito. En xullo de 2012, o goberno de Hamás en Gaza considerou a declaración de independencia da Franxa de Gaza, co apoio de Exipto.[4]

En agosto de 2012, o Ministro de Asuntos Exteriores Riyad al-Malki informou aos periodistas en Ramala que a Autoridade pediría o status de país observador na Asemblea Xeral das Nacións Unidas.[5] O 29 de novembro de 2012, a Asemblea aprobou a Resolución 67/19, cambiando o status de "estado non membro" cunha votación con 138 votos contra 9, con 41 abstencións. Isto implicou o recoñecemento da súa soberanía.[6][7]

  1. "The Palestinian Authority". 
  2. "The Palestinian government". CNN. 5 Abril de 2001. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2008. Consultado o 2012-11-26. 
  3. ONU (29 de novembro de 2012). "Asamblea General acepta a Palestina como Estado observador no miembro de la ONU" (en (en castelán)). Consultado o 5 de setembro de 2013. 
  4. "Report of possible Gaza independence stirs debate". Al Arabiya. 31 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 2012-11-26. 
  5. "Palestinians to renew U.N. statehood drive in September". Al Arabiya. 4 August 2012. Arquivado dende o orixinal o 01/03/2013. Consultado o 2012-11-26. 
  6. "Palestinians win implicit U.N. recognition of sovereign state". Reuters. 29 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  7. "UN makes Palestine nonmember state". 3 News NZ. 30 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy