Avestruz

Avestruz
Rango fósil: Plistoceno ata Actualidade

Macho (esquerda) e femia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Superorde: Paleognathae
Orde: Struthioniformes
Familia: Struthionidae
Xénero: Struthio
Especie: S. camelus
Nome binomial
'Struthio camelus'
Linnaeus, 1758
Distribución de Struthio camelus Laranxa S. c. camelus Amarelo S. c. molybdophanes Verde S. c. massaicus  Vermello S. c. australis
Distribución de Struthio camelus
Laranxa S. c. camelus
Amarelo S. c. molybdophanes
Verde S. c. massaicus
 Vermello S. c. australis

Distribución de Struthio camelus
Laranxa S. c. camelus
Amarelo S. c. molybdophanes
Verde S. c. massaicus
 Vermello S. c. australis
Subespecies

S. c. australis Gurney, 1868
S. c. camelus Linnaeus, 1758
S. c. massaicus Neumann, 1898
S. c. syriacus Rothschild, 1919
S. c. molybdophanes Reichenow, 1883

A avestruz (Struthio camelus) é unha ave corredora da familia dos estruciónidos, e está considerada a ave máis grande do planeta. Presenta unha cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Ten as patas moi longas, e é a única ave con dous dedos en cada pé. Pode chegar a medir até dous metros e medio de altura e non dá voado.

É orixinaria de África, vive nas chairas abertas, formando grupos nas sabanas e nos desertos, onde a súa altura lle permite avistar os posíbeis depredadores que a poidan atacar. Pode coller velocidades de máis de 70 quilómetros por hora e se se atopa apresada ataca coas patas e usa as poutas, como paxaro que é, como arma de defensa.

Aniña no chan e os seus ovos son os de maior volume de tódalas aves, poden medir vinte centímetros de longo. Cada femia pon até doce ovos e varias no mesmo niño. Cando os ovos se abren, o macho faise cargo das crías, podendo reunir crías de diferentes femias. No seu medio natural aliméntanse sobre todo de sementes e de froitas, mais domesticadas comen practicamente de todo

Tamén hai outras grandes aves que nas anteriores clasificacións eran incluídas entre as corredoras fóra do continente africano: o ñandú é a maior de América do Sur; o casuario e o emú, os maiores de Australasia. No Madagascar extinguiuse en 1700 a ave elefante ou dinornis, algo máis baixa que unha moa, tamén extinta, pero máis pesada.

  1. BirdLife International (2012). "Struthio camelus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in