Nome orixinal | (en) W. Axl Rose |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) William Bruce Rose Jr. 6 de febreiro de 1962 (62 anos) Lafayette, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Malibú |
Educación | Jefferson High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | vocalista, pianista, cantautor, músico, activista |
Período de actividade | 1982 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, heavy metal e hard rock |
Tesitura | Baritenor (pt) |
Instrumento | Piano, voz, guitarra e pandeireta |
Selo discográfico | Geffen Records Uzi Suicide |
Familia | |
Cónxuxe | Erin Everly |
Parella | Stephanie Seymour |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
W. Axl Rose, de nome real William Bruce Bailey, nado o 6 de febreiro de 1962, é un músico cantautor, compositor e pianista estadounidense[1]. Alcanzou a popularidade por tratarse do cantante, líder e compositor do grupo Guns N' Roses, co que tivo un grande éxito arredor do mundo a finais das décadas de 1980 e principios da de 1990.
No ano 2016, colaborou como vocalista principal da banda AC/DC na xira mundial, en substitución de Brian Johnson, que padecía problemas de saúde auditivos.[2]
Situado no posto número 64 da listaxe “Os 100 mellores cantantes de todos os tempos” segundo Rolling Stone[3]; sexto da listaxe “Os 100 mellores vocalistas do metal de todos os tempos” segundo Hit Parader; na segunda posición da listaxe “Mellores roqueiros de todos os tempos” segundo Kerrang Magazine[4]; no terceiro lugar da listaxe “Os 50 mellores cantantes do metal de todos os tempos” segundo Roadrunner Records[5]; e no cuarto lugar segundo NME[6]. Ademais dos numerosos recoñecementos polo seu traballo como compositor.