Os azucres redutores son aqueles azucres que posúen o seu grupo carbonilo (grupo funcional) intacto, e que a través do mesmo poden reaccionar como redutores (dadores de electróns) con outras moléculas que actuarán como oxidantes (aceptando electróns). Esta propiedade permite determinar a concentración dunha disolución de azucre medindo a cantidade de axente oxidante que é reducido, como ocorre na determinación do contido de glicosa en mostras de sangue ou ouriños para detectar a diabetes mellitus.[1]