BASIC é unha familia de linguaxes de programación. Foi orixinalmente ideado como unha ferramenta de ensino, estendeuse entre as microcomputadores caseiras na década de 1980, e segue sendo popular hoxe en día en moitos dialectos bastante distintos do orixinal.
BASIC é o acrónimo de Beginners All-purpose Symbolic Instruction Code[1] (en galego ‘código de instrucións simbólicas de propósito xeral para principiantes') e está ligado ao nome dun traballo sen publicar do coinventor da linguaxe, Thomas Kurtz (o nome non está relacionado coa serie de C. K. Ogden, Basic English).