BMW Sauber

BMW Sauber
Nome completo BMW Sauber F1 Team
Bandeira Alemaña Alemaña
Baseada en Hinwil, Suíza e
Múnic, Alemaña
Tempadas en activo 4 (2006 - 2009)
Número de pilotos 4
Debut Gran Premio de Bahrain de 2006
Carreiras 70
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 1
Pole positions 1
Voltas Rápidas 2
Puntos totais 308
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Dabi de 2009

BMW Sauber F1 Team, ou simplemente BMW Sauber, foi unha escudaría de Fórmula 1 que corría baixo bandeira alemá, propiedade do fabricante de coches BMW e integrada en BMW Motorsport, a súa sección de competición en deportes do motor. Con base en Múnic, Alemaña, onde se traballaba no tren de potencia[1], no cambio de marchas[1] e na electrónica[1], tamén tiña instalacións en Hinwil, Suíza, onde se localizaba a sección de desenvolvemento do chasis[1], que incluía o departamento aerodinámico[2] e o túnel de vento[2], e do despregue do equipo de carreira[1] e de tests[1].

Debutou na tempada de 2006 tras comprar Sauber en 2005, de onde viña o nome, que se mantivo como un xesto de amabilidade en referencia ao pasado da escudaría dirixida por Peter Sauber, que posuía o 20% das accións da escudaría[3] e que seguiu na disciplina do equipo como consultor de Credit Suisse[3] e de Petronas[4], dous dos principais patrocinadores do equipo; mentres que Willy Rampf era o Enxeñeiro Xefe e o Xefe de Equipo era Mario Theissen.

Logo de catro tempadas, BMW decidiu retirarse da Fórmula 1 por motivos económicos. Peter Sauber retoumou o control da escudaría e a pesar de que a marca de coches teutoa non pedira a entrada para o 2010, o equipo logrou a 13º praza para a tempada, e aínda que continúa a competir co mesmo nome por motivos legais, considérase unha continuación da antiga Sauber.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 (en castelán) Saward, Joe (2006). "O home máis ocupado da F1?". F1 Racing edición española (84): 42–47. B-4993-1999. 
  2. 2,0 2,1 (en inglés) BMW reforza o departamento aerodinámico de Sauber, en grandprix.com
  3. 3,0 3,1 (en inglés) Credit Suisse únese a BMW Motorsport, en grandprix.com
  4. (en inglés) Peter Sauber - A F1 non é como unha piscina de quenllas, na páxina de Credit Suisse.[Ligazón morta]

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in