Babilonia

Modelo:Xeografía políticaBabilonia
Babili(m) (mis) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 32°32′33″N 44°25′16″L / 32.5425, 44.4211
EstadoIraq
ProvinciasGobernación de Babilonia
CidadeAl-Hillah Editar o valor en Wikidata
Capital de
Imperio Paleobabilónico
Imperio Seléucida (312 a. C.–305 a. C.)
Imperio Aqueménida (530 a. C.–330 a. C.)
Imperio Neobabilónico (609 a. C.–539 a. C.) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación150.000 Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
DisoluciónI milenio Editar o valor en Wikidata
Evento clave
11 de abril de 650 a. C.cerco de Babilonia
689 a. C.cerco de Babilonia Editar o valor en Wikidata

Babilonia foi a capital dun reino clave da antiga Mesopotamia dos séculos XVIII ao VI a.C.. No moderno Iraq, localízase a uns 110 km ao sur de Bagdad. A capital construíuse sobre o río Éufrates e dividíase en partes iguais ao longo das súas marxes esquerda e dereita, con terrapléns empinados para conter as inundacións estacionais do río. Babilonia era orixinariamente unha pequena cidade acadia que data do período do Imperio acadio c. 2300 a. C.

Estímase que Babilonia era a cidade máis grande do mundo c.  1770  – c.  1670 a.C, e de novo c.  612  – c.  320 a.C . Talvez foi a primeira cidade en alcanzar unha poboación superior aos 200.000 habitantes.[1] Estimacións do alcance máximo da súa área comprendida entre 890 [2] a 900 hectáreas.[3]

Os Xardíns colgantes da Babilonia foron unha das sete marabillas do mundo, aínda que algúns estudosos cren que estes estaban realmente na capital asiria de Nínive.

As principais fontes de información sobre Babilonia son: escavación do sitio, referencias en textos cuneiformes atopados noutras partes de Mesopotamia, referencias na Biblia, descricións nas escrituras clásicas (especialmente por Heródoto) e descricións de segunda man (citando o traballo de Ctesias e Beroso) presenta unha imaxe incompleta e ás veces contraditoria da cidade antiga, mesmo no seu apoxeo no século VI a.C.[4]

  1. Tertius Chandler. Four Thousand Years of Urban Growth: An Historical Census (1987), St. David's University Press ("etext.org". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2008. Consultado o 2010-04-18. ). ISBN 0-88946-207-0. See Historical urban community sizes.
  2. Mieroop, Marc van de (1997). The Ancient Mesopotamian City. Oxford: Oxford University Press. p. 95. ISBN 9780191588457. 
  3. Boiy, T. (2004). Late Achaemenid and Hellenistic Babylon. Orientalia Lovaniensia Analecta 136. Leuven: Peeters Publishers. p. 233. ISBN 9789042914490. 
  4. Seymour (2006), pp. 140–142.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in