Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Capital | Badalona (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 225.957 (2023) (10.658,35 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 88 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 21,2 km² | ||||
Altitude | 6 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Anastasi de Lleida (en) e Asunción de María | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xavier García Albiol (2023–) | ||||
Orzamento | 278.300.000 € | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08910–08918 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | (+34) 934 | ||||
Código INE | 08015 | ||||
Código territorial IDESCAT | 080155 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | badalona.cat |
Badalona é un concello e cidade da costa central de Cataluña, que forma parte da comarca do Barcelonès, na provincia de Barcelona. Dende 1897 está considerada cidade.
Situada na costa do mar Mediterráneo, ocupa parte do delta do río Besòs e as faldras da Serra da Marina. A cidade está rodeada polos concellos de Sant Adrià de Besòs, Santa Coloma de Gramenet, Tiana, Montgat, Sant Fost de Campsentelles e Montcada i Reixac. Está situado no extremo norte da comarca, a escasos metros ao norte de Barcelona.
Cos seus 215.848 habitantes en 2017, Badalona é a cuarta cidade máis poboada de Cataluña, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat e Terrassa, e a 23ª de España. Forma parte da área metropolitana de Barcelona.
Os restos arqueolóxicos atopados nos barrios de Llefià e de Sistrells remontan a súa historia ao Neolítico, pero a fundación da poboación produciuse ao redor do ano 100 aC, baixo o nome romano de Baetulo.