بغداد (ar) | |||||||||||||
Localización | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
Estado | Iraq | ||||||||||||
Provincias | Provincia de Bagdad | ||||||||||||
Capital de | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 8.126.755 (2018) (12.075,42 hab./km²) | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Superficie | 673 km² | ||||||||||||
Bañado por | Río Tigris | ||||||||||||
Altitude | 34 m | ||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||
Fundador | Al-Mansur (pt) | ||||||||||||
Creación | 762 | ||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
• Xefe do goberno | Manhal Al habbobi (pt) (2020–) | ||||||||||||
Membro de | |||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Código postal | 10001–10090 | ||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||
Páxina web | amanatbaghdad.gov.iq | ||||||||||||
Bagdad[1] (en árabe: بغداد, "Baġdād") é a capital de Iraq, e a segunda cidade do mundo árabe en poboación total, despois do Cairo. Sitúase ás marxes do río Tigris, no centro do país.
Foi fundada en 762 polo califa al-Mansur, nun local onde existía unha vila persa. Nese mesmo ano, foi escollida como a capital do Califato Abbásida, e converteuse no seu proxecto de desenvolvemento máis notable. En pouco tempo, a cidade evolucionou nun importante centro cultural, comercial e intelectual do mundo islámico. Ademais de albergar varias institucións académicas clave, incluíndo a Casa da Sabedoría, tamén tiña un ambiente multiétnico e multirelixioso, polo que gañou reputación a nivel mundial como o "centro da aprendizaxe". Bagdad foi a meirande cidade do mundo na era Abbásida durante a Idade de ouro islámica, chegando a ter daquela máis dun millón de habitantes. Tornouse unha cidade rica e esplendorosa, ata que foi destruída en 1258 polo Imperio Mongol, o que resultou nun declive que se prolongaría durante moitos séculos debido ás frecuentes pragas e aos múltiples imperios sucesivos. Co recoñecemento de Iraq como estado independente en 1932 (previamente foi o Mandato británico de Mesopotamia), Bagadad foi recuperando parte do seu antigo protagonismo como centro da cultura árabe, cunha poboación estimada entre 6 e máis de 7 millóns de habitantes.[nota 1] Comparado coa súa gran poboación, ten unha área pequena de tan só 673 km².
Bagdad (Iraq)
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/>
correspondente