Bahrain

Modelo:Xeografía políticaBahrain
Imaxe

HimnoBahrainona Editar o valor en Wikidata

Lema«بحريننا» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 26°04′03″N 50°33′04″L / 26.0675, 50.55111
CapitalManama Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.311.134 (2014) Editar o valor en Wikidata (1.667,05 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie786,5 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMountain of Smoke (en) Traducir (134 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoGolfo Pérsico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación14 de agosto de 1971 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
xullo de 1559Cerco do Barém (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Monarch of Bahrain (en) Traducir Editar o valor en WikidataHamad ibn Isa Al Khalifa (1999–) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataSalman bin Hamad bin Isa Al Khalifa (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Barein (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal39.303.403.989 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedadinar bareinita (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bh Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+973 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999 e 112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísBH Editar o valor en Wikidata

Páxina webbahrain.bh Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453566

Bahrain[1] (en árabe: البحرين; al-Baḥrayn), tamén coñecido como o Reino de Bahrain (en árabe: مملكة البحرين Mamlakat al-Baḥrayn), é un país do Oriente Medio. É un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e 50 illas naturais e 33 illas artificiais adicionais, centradas na illa de Bahrain que representa ao redor do 83 por cento da masa terrestre do país. Está situado no Golfo Pérsico, compartindo fronteiras marítimas con Qatar polo sur e o leste; e con Arabia Saudita polo oeste e o noroeste, unidos pola Ponte do Rei Fahd.

Segundo o censo de 2020, a poboación do país ascende a 1.501.635 habitantes, dos cales 712.362 son nacionais de Bahrein.[2] Bahrain abarca uns 760 kilometros cadrados (290 sq mi),[3] e é a terceira nación máis pequena de Asia despois das Maldivas e Singapur.[4] A capital e cidade máis grande é Manama.

Bahrain é o lugar da antiga civilización de Dilmun.[5] Foi famoso dende a antigüidade polas súas pescarías de perlas, que foron consideradas as mellores do mundo no século XIX.{{sfnp|EB|1878} } Bahrain foi unha das áreas máis antigas en ser influenciada polo islam, durante a vida de Mahoma no 628 d.C. Tras un período de dominio árabe, Bahrain foi gobernado polo Imperio Portugués desde 1521 ata 1602, cando foron expulsados ​​polo Xa Abás I o Grande da dinastía safávida. En 1783, o clan Bani Utbah capturou Bahrain a Nasr Al-Madhkur e desde entón foi gobernado pola familia real Al Khalifa, con Ahmed al Fateh como o primeiro hakim de Bahrain.

A finais do século XIX, tras sucesivos tratados cos británicos, Bahrain converteuse nun protectorado do Reino Unido.[6] En 1971, declarou a independencia. Antigamente un emirato, Bahrain foi declarado monarquía constitucional islámica en 2002. En 2011, o país experimentou as protestas inspiradas na primavera árabe rexional.[7] A familia real musulmán sunita Al Khalifa gobernante de Bahrain foi criticada por violar os dereitos humanos da xente que inclúen disidentes, figuras da oposición política e a súa maioritaria poboación musulmá chiíta.[8]

Bahrain desenvolveu a primeira economía posterior ao petróleo no Golfo Pérsico,[9] o resultado de décadas de investimento nos sectores bancario e turismo,[10] moitas das maiores institucións financeiras do mundo teñen presenza na capital do país. En consecuencia, ocupa o posto 42 no Índice de Desenvolvemento Humano e é recoñecido polo Banco Mundial como unha economía de altos ingresos. Bahrain é membro das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Organización de Cooperación Islámica e do Consello de Cooperación do Golfo.[11]

O nome árabe do país, Mamlakat al-Bahrayn, significa literalmente «reino dos dous mares».

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Bahrain 
  2. "Bahrain 2020 Census". Information and eGovernment Authority. 28 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2021. Consultado o 5 de abril de 2021. 
  3. "Bahrain – the World Factbook". 19 de outubro de 2021. 
  4. "Area of Bahrain Expands to 765.3 square kilometres". Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  5. Oman: The Lost Land Arquivado 6 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Saudi Aramco World. Consultado o 7 de novembro de 2016.
  6. "The history of British involvement in Bahrain's internal security". openDemocracy (en inglés). Consultado o 7 de xulo de 2021. 
  7. "Bahrain says ban on protests in response to rising violence". CNN. 1 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  8. "How Bahrain uses sport to whitewash a legacy of torture and human rights abuses | David Conn | Sport". The Guardian. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  9. "Bahrain: Reform-Promise and Reality" (PDF). J.E. Peterson. p. 157. 
  10. "Bahrain's economy praised for diversity and sustainability". Bahrain Economic Development Board. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2010. Consultado o 24 de xuño de 2012. 
  11. "Bahrain". IMUNA | NHSMUN | Model UN (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2021. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in