Bandeira de Bangladesh

Bandeira de Bangladesh
Bandeira de Bangladesh
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción17 de xaneiro de 1972
Cores     Verde     Vermello

A bandeira de Bangladesh (en bengalí: বাংলাদেশের জাতীয় পতাকা) foi adoptada oficialmente o 17 de xaneiro de 1972. Foi empregada orixinalmente durante a Guerra de liberación de Bangladesh en 1971, cando estaba composta por un campo verde e un círculo vermello no que se localizaba un mapa do país en cor dourada.

Ao ser adoptada oficialmente, o mapa desapareceu como xeito de simplificar o deseño e consta na actualidade do campo verde que representa a abundancia das terras do país e dun círculo vermello desfasado do medio de tal xeito que ao ondear a bandeira apareza centrado, e que representa o sol sobre Bengala e o sangue dos heroes da independencia.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy