Bandeira de Guadalupe | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 30 de maio de 1990 |
Cores | Azul Branco Vermello |
A bandeira de Guadalupe, un departamento de ultramar francés é a bandeira tricolor de Francia.
Existe unha bandeira, de uso non oficial que é un estandarte no que figuran os elementos do escudo de armas de Pointe-à-Pitre, unha das cidades máis importantes da illa, como símbolo que representa a toda a illa. Consiste nun pano de cor negra (en ocasións vermello) no que aparece representado o sol de cor dourada, acompañado por unha cana de azucre verde. Na parte superior figura unha franxa horizontal de cor azul que contén tres flores de lis.