Bandeira de Hong Kong | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1 de xullo de 1997 |
Cores | Vermello Branco |
A bandeira de Hong Kong, oficialmente a bandeira rexional da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, (en chinés: 中華人民共和國香港特別行政區區旗) amosa unha flor branca estilizada de cinco pétalos a orquídea de Hong Kong (Bauhinia blakeana) no centro dun campo vermello chinés. O seu deseño orixinal foi presentado o 4 de abril de 1990 na Terceira Sesión do Sétimo Congreso Nacional Popular.[1][2] O deseño actual foi aprobado o 10 de agosto de 1996 no Cuarto Pleno do Comité Preparatorio da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong.[3] O uso preciso da bandeira está regulado polas leis aprobadas pola 58 reunión executiva do Consello de Estado celebrado en Pequín.[4] O deseño da bandeira está consagrado na Lei Básica de Hong Kong, o documento constitucional do territorio,[5] e as normas relativas ao uso, prohibición de uso, aldraxe e fabricación da bandeira están recollidas na Ordenanza Rexional de Bandeira e Emblema Rexional.[6] A bandeira de Hong Kong foi adoptada e izada oficialmente o 1 de xullo de 1997, durante a cerimonia de entrega que marcaba a transferencia da soberanía do Reino Unido a China.[7]