Bandeira de Ruanda

Bandeira de Ruanda
Bandeira de Ruanda
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción25 de outubro do 2001
Cores     Azul     amarelo     Verde

A bandeira nacional de Ruanda foi adoptada o 25 de outubro do 2001. Trátase dunha bandeira dividida en tres franxas horizontais coas cores azul (a superior), amarela (a situada no centro) e verde (a inferior). Na bandeira hai dúas tonalidades diferentes de amarelo: o denominado amarelo estándar para a franxa central e o denominado amarelo sol polo sistema Pantone para o sol da esquina superior dereita.[1] A franxa superior posúe un grosor do dobre de tamaño respecto ás dúas inferiores. No cuadrante superior máis afastado do mastro aparece representado o sol dentro da franja azul, que representa a ilustración, á luz que aclara progresivamente a todo o pobo, isto traduce a unidade, a transparencia e a loita contra a ignorancia.[2] A bandeira representa a unidade nacional, o respecto polo traballo, o heroísmo e a confianza no futuro.[1].

A bandeira foi deseñada por Alphonse Kirimobenecyo.

  1. 1,0 1,1 Rwanda unveils new flag and anthem
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome FOTW

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy