Bangladesh

Modelo:Xeografía políticaBangladesh
গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ (bn)
বাংলাদেশ (bn) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna

HimnoAmar Sonar Bangla Editar o valor em Wikidata

Símbolo oficialNymphaea nouchali (flor nacional) Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia alingua bengalí Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 24°01′00″N 89°52′00″L / 24.01667, 89.86667Coordenadas: 24°01′00″N 89°52′00″L / 24.01667, 89.86667
CapitalDacca Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Barisal (pt) Traducir (1993–)
Chatigão (pt) Traducir
Dhaka (pt) Traducir
Khulna (pt) Traducir
Mymensingh (pt) Traducir (2015–)
Rajshahi (pt) Traducir
Rangpur (pt) Traducir (2010–)
Sylhet (pt) Traducir (1995–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación169.356.251 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.147,63 hab./km²)
Lingua oficiallingua bengalí Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie147.570 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porGolfo de Bengala Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMowdok Mual (pt) Traducir (1.054 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoGolfo de Bengala (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación26 de marzo de 1971 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoSistema Westminster (pt) Traducir
República parlamentaria Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataMohammad Shahabuddin (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Bangladesh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataSheikh Hasina (2009–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoJatiya Sangsad (en) Traducir , (Escano: 350) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSuprema Corte de Bangladesh (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal416.264.802.185 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedataka (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bd e .বাংলা (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+880 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia999 Editar o valor em Wikidata
Código de paísBD Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbangladesh.gov.bd Editar o valor em Wikidata
Youtube: UCdf7GabtLtI8a6Gu2clXdHw BNE: XX453080 Editar o valor em Wikidata

Bangladesh[1] ou Bangladés[2] (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri. Xunto co estado indio de Bengala Occidental, forma parte da rexión etno-lingüística de Bengala. O nome de Bangladesh significa "País de Bengala" en lingua bengalí.

As fronteiras da moderna Bangladesh foron delimitadas durante a Partición de Bengala e a India británica en 1947, cando a rexión se converteu nunha rexión do estado de Paquistán. Debido á exclusión política, á discriminación étnica e lingüística, á dominación económica polo estado de Paquistán e a unha combinación de axitacións populares, o nacionalismo e a desobediencia civil conduciron á Guerra de Liberación de Bangladesh en 1971, que resultou na separación e independencia mediante a formación do estado de Bangladesh. Despois da independencia, o novo estado proclamou unha democracia multipartidista secular. O país enfrontouse dende entón á pobreza, á fame, á inestabilidade política e a numerosos golpes militares. A restauración da democracia en 1991 foi seguida dun relativo período de calma e progreso económico.[3]

Bangladesh é unha república parlamentaria cun parlamento electo chamado Jatiyo Sangshad. Cunha poboación de máis de 160 millóns de persoas nun territorio de 147 570 km², Bangladesh é o oitavo país do mundo máis poboado, así como o estado máis densamente poboado do planeta. Os bengalís son o grupo étnico maioritario do país, mentres que pobos indíxenas dos distritos do norte e do sueste son unha minoría diversa e significativa. A rexión do delta de Bengala ten un rico patrimonio cultural. As catro meirandes relixións do país son o islam (89%), o hinduísmo (9%), o budismo (1%) e o cristianismo (0.5%).

Bangladesh é considerada unha economía dos próximos once. De acordo coas Nacións Unidas no 2010, o país fixo a comezos do século XXI grandes esforzos de desenvolvemento humano, incluíndo significativos progresos nas áreas de igualdade de xénero, educación primaria universal, apoio á muller, redución do crecemento da poboación, produción de comida, saúde e enerxías renovables.[4][5][6] A porcentaxe de pobreza diminuíu considerablemente dende a independencia, e a renda per cápita duplicouse dende os valores de 1975. As grandes cidades como Dacca e Chittagong foron as principais responsables do recente crecemento. Porén, o país continúa enfrontándose a numerosos problemas sociais e políticos, como a corrupción burocrática e política, a pobreza, a inestabilidade política, a superpoboación e a vulnerabilidade ó cambio climático.

Bangladesh é un pioneiro e membro fundador de ASACR. É o maior contribuidor do mundo das Forzas da paz das Nacións Unidas. É membro do D-8, do BIMSTEC e da Commonwealth, da Organización da Conferencia Islámica, do Movemento de Países Non Aliñados e do G-77.

  1. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  3. Banco Mundial (2007). "Bangladesh: Strategy for Sustained Growth". World Bank.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2010. 
  4. United Nations Development Programme in Bangladesh: HDR 2010 recognises Bangladesh's great progress over time Arquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.. 5 de novembro de 2010. Consultado o 25 de outubro de 2012.
  5. "Meeting Millennium Development Goals". BBC News. Consultado o 25 de outubro de 2012. 
  6. "Ban lauds Bangladesh’s progress on women’s and children’s health". UN News Center (United Nations). 15 de novembro de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy