Barranquilla

Modelo:Xeografía políticaBarranquilla
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°59′00″N 74°48′07″O / 10.9833, -74.8019
EstadoColombia
DepartamentosAtlántico Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.326.588 (2023) Editar o valor en Wikidata (8.614,21 hab./km²)
Xeografía
Superficie154 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Caribe e Río Magdalena Editar o valor en Wikidata
Altitude18 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación7 de abril de 1813 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoalcaldía de Barranquilla Editar o valor en Wikidata
• Alcalde Editar o valor en WikidataJaime Pumarejo (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoconcello de Barranquilla Circunscrición: 1, (Escano: 21) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico5 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Río de Xaneiro
Santo Domingo
Doral (pt) Traducir
Kaohsiung
Maracaibo
Guayaquil
Buenos Aires
Brownsville (2013–)
Miami (2015–)
Belén (2016–)
Tampa (2016–)
Cidade de Panamá (2017–)
Aberdeen (2021–)
Nanjing (2021–)
Málaga (2022–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webbarranquilla.gov.co Editar o valor en Wikidata

Barranquilla é unha cidade de Colombia, capital do departamento colombiano do Atlántico, cunha poboación de 1 219 731 habitantes. A cidade fundouse en 1629. Atópase sobre a marxe occidental do río Magdalena a 7,5 km da súa desembocadura no mar Caribe. En 1993 foi organizada constitucionalmente en distrito especial, industrial e portuario.[1] É o principal centro económico da Rexión Caribe de Colombia, entre as actividades económicas salientan o comercio e a industria.[2]

O estabelecemento da cidade data da terceira década do século XVII, cando os sectores lindeiros ó río Magdalena comezaron a poboarse arredor de mercedes outorgadas pola Coroa Española. Durante a época da Independencia, Barranquilla distinguiuse polo apoio dos seus habitantes á causa libertadora, o que lle valeu ser erixida en vila en 1813. Na segunda metade do século XIX adquire importancia estratéxica e económica ó comezar a navegación a vapor polo río Magdalena, o que lle permitiu converterse no principal centro exportador do país até a primeira metade do século XX. Dende finais do século XIX até os anos 1930, Barranquilla foi o principal punto de entrada a Colombia de miles de inmigrantes e de adiantos como a aviación, a radio comercial e a telefonía, así como de varios deportes.

A poboación de Barranquilla é de 1 228 621 persoas, o que a converte na cuarta cidade máis poboada do país detrás de Bogotá, Medellín e Cali. A cidade é o núcleo da Área Metropolitana de Barranquilla, a cal está constituída ademais polos concellos de Soledad, Malambo, Galapa e Puerto Colombia. O conglomerado alberga a 2 050 127 habitantes, e ocupa tamén a cuarta posición entre as conurbacións do país.[3][4] Como capital departamental, Barranquilla é sede da Gobernación do Atlántico, da Asemblea Departamental e do Tribunal Superior do Atlántico, máximo órgano xudicial do departamento.

Barranquilla é sede dunha das festividades folclóricas e culturais máis salientables de Colombia, o carnaval de Barranquilla, declarado Patrimonio Cultural da Nación polo Congreso de Colombia en 2001 e Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade pola Unesco en 2003.[5][6] A cidade foi designada Capital Americana da Cultura en 2013.[7]

  1. "Constitución Política de Colombia. Artículo 356. Adicionado por el artículo 2.º del acto legislativo número 1 de agosto 18 de 1993" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2007. Consultado o 9 de xullo de 2008. 
  2. "Composición de la economía de la región Caribe de Colombia". Banco de la República (banco central de Colombia). 22 de maio de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2017. 
  3. "Censo DANE 2005" (PDF). Consultado o 9 de xullo de 2008. 
  4. "ESTIMACIONES DE POBLACIÓN 2006-2007" (PDF). Páxina 80. Consultado o 9 de maio de 2018. 
  5. "Proclamación 2003: "El carnaval de Barranquilla"". Sector da Cultura da Unesco. Consultado o 24 de maio de 2008. 
  6. Fundación Carnaval de Barranquilla. "Patrimonio de la Nación". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2008. Consultado o 13 de outubro de 2008. 
  7. Lina Robles Luján - El Heraldo. "Barranquilla, elegida Capital de la Cultura 2013". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in