Basketball Hall of Fame

Basketball Hall of Fame en Springfield, Massachusetts

O Naismith Memorial Basketball Hall of Fame recoñece e premia a xogadores que demostraron unha habilidade extrema no baloncesto ao longo da súa carreira e a adestradores ou árbitros cunha grande contribución ao mundo do baloncesto. Algúns equipos ao completo tamén están no Hall of Fame, coma os Harlem Globetrotters.

Creouse en 1959, e a construción do museo rematouse o 17 de febreiro de 1968 en Springfield, Massachusetts. En 1985 o edificio foi trasladado a outra zona de Springfield, preto do centro, na beira leste do Río Connecticut.

O 28 de setembro de 2002 o Hall of Fame volveu ser trasladado de novo á súa terceira localización, un edificio de 45 millóns de dólares e 7 400 m².


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy