Batalla de Guadalete | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A batalla de Guadalete por Salvador Martínez Cubells | |||||||||
| |||||||||
Combatentes | |||||||||
musulmáns de Tariq |
visigodos de Rodrigo |
A batalla de Guadalete (en arabe: معركة وادي لكة, Maʿrakat wādī laka, ou معركة شذونة, Maʿrakat šiḏūna [Sidonia]) foi un enfrontamento armado entre tropas visigodas ao mando do seu rei, Rodrigo, e un continxente musulmán liderado por Tariq ibn Ziyad, enviado de Musa ibn Nusayr, gobernador da provincia de Ifriqiya. A batalla aconteceu o 19 de xullo de 711 e supuxo a vitoria do exército omeia. A partir de crónicas árabes dos séculos X e XI,[1] afirmouse o enfrontamento entre o exército visigodo, comandado por derradeiro rei, Don Rodrigo, e un exército musulmán procedente do norte de África e que entrou na Península grazas ós partidarios de Vitiza, o anterior rei, que preferían que accedese o trono o fillo deste, Akhila, e que estivo comandado por Tariq ibn Ziyad, ás ordes co califato omeia de Damasco.
O lugar en que se celebrou a batalla é descoñecido, aínda que todo apunta ao sur da actual provincia de Cádiz. Tamén é incerta a data, se ben a maior parte das fontes falan da segunda quincena de xullo.[2]
Como consecuencia da batalla, que supuxo un revés moi importante para o reino visigodo, e na que o rei Don Rodrigo foi morto, rematou o reino visigodo, que non colapsou de inmediato, e comezou a invasión musulmá da Península Ibérica e as tropas musulmás necesitaron toda a década para controlar os seus territorios.