Batalla de Inglaterra

Coordenadas: 54°N 2°O / 54, -2

Batalla de Inglaterra

Varios Heinkel He 111 durante a batalla
Data: 10 de xullo - 31 de outubro de 1940
Lugar: Espazo aéreo do Reino Unido
Conflito: Segunda guerra mundial
Desenlace: Vitoria británica
Combatentes
Reino Unido Reino Unido
Canadá Canadá
Australia Australia
Alemaña nazi Alemaña
Reino de Italia Italia
Comandantes
Hugh Dowding
Keith Park
Trafford Leigh-Mallory
Quintin Brand

Richard Saul
Canadá Lloyd Breadner

Alemaña Nazi Hermann Göring
Alemaña Nazi Albert Kesselring
Alemaña Nazi Hugo Sperrle
Alemaña Nazi Hans-Jürgen Stumpff
Reino de Italia Rino Fougier[1]
Forzas en combate
1 963 avións 2 550 avións
Efectos
Mortes: 1 542[2] Mortes: 2 585
Feridos: 422 Feridos: 735

A batalla de Inglaterra foi unha das batallas máis importantes da segunda guerra mundial, librada entre as forzas aéreas do Reino Unido (RAF) e da Alemaña nazi (Luftwaffe) nos ceos de Gran Bretaña durante 1940 e 1941. Segundo os historiadores británicos, comeza o 10 de xullo de 1940 e remata o 31 de outubro de 1940, mentres que os alemáns din que durou dende agosto de 1940 ata maio de 1941; dependendo do que se considera batalla. Non obstante, os combates aéreos alcanzaron o seu cumio dende agosto ata outubro de 1940, onde sucederon as loitas decisivas. Trátase da primeira gran campaña militar loitada completamente por forzas aéreas.[3]

O principal obxectivo das forzas alemás era o de obrigar a Reino Unido a chegar a un acordo de paz negociado. En xullo de 1940 comezou o bloqueo naval e aéreo, centrándose a Luftwaffe principalmente en convais costeiros, así como portos e centros marítimos como Portsmouth. O 1 de agosto a Luftwaffe foi dirixida para acadar a superioridade aérea sobre a RAF, co obxectivo de incapacitar o seu Mando de Caza; 12 días despois, trasladou os ataques aos aeródromos e infraestruturas da RAF. A medida que a batalla progresaba, a Luftwaffe tamén comezou a atacar fábricas relacionadas coa produción de avións e infraestruturas estratéxicas. Finalmente empregou bombardeos para aterrorizar á poboación sobre áreas de importancia política e sobre civís.[4]

Os alemáns superaran rapidamente Francia e os Países Baixos, deixando ao Reino Unido enfrontándose á ameaza dunha invasión por mar. O alto mando alemán recoñeceu as dificultades dun ataque marítimo mentres a Royal Navy controlase o canal da Mancha e o mar do Norte. O 16 de xullo Hitler ordenou a preparación da Operación León Mariño como un potencial asalto anfibio e aerotransportado ao Reino Unido, que se levaría a cabo unha vez que a Luftwaffe tivese a superioridade aérea sobre o canal. En setembro, as incursións nocturnas do Mando de Bombardeo da RAF que perturbaron a preparación alemá de barcazas reconvertidas, e o fracaso da Luftwaffe ao intentar esmagar a RAF forzaron a Hitler a pospoñer e finalmente cancelar a Operación León Mariño. A Luftwaffe foi incapaz de manter as incursións á luz do día, pero as súas continuas operacións nocturnas no Reino Unido coñecéronse como o Blitz.

O fracaso alemán ao intentar destruír as defensas aéreas británicas para forzar un armisticio (ou incluso unha rendición absoluta) foi a primeira gran derrota alemá na segunda guerra mundial é un punto de inflexión crucial no conflito.

  1. Haining 2005, p. 68
  2. Bungay 2000, p. 107
  3. "Battle of Britain Memorial Flight - 92 Squadron - Geoffrey Wellum". web.archive.org. 2009-03-02. Archived from the original on 02 de marzo de 2009. Consultado o 2023-08-04. 
  4. Bungay 2000, pp. 305-306

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy