Bayernhymne | |
---|---|
En galego: Himno de Baviera | |
Himno de | Estado Libre da Baviera |
Letra | Michael Öchsner e Joseph Maria Lutz 1946 |
Música | Max Kunz 1835 |
Adoptado | 1946 |
Bayernhymne é o himno nacional oficial do Estado Libre de Baviera. A melodía da canción foi composta por Max Kunz en 1835. O texto das tres estrofas orixinais foi escrito por Michael Öchsner. Ámbolos dous eran membros do "Bürger-Sänger-Zunft München", que interpretou a canción por vez primeira o 15 de decembro de 1860.