Beatboxing

O beatboxing, tamén escrito beat boxing, é unha forma de percusión vocal que implica principalmente a arte de imitar caixas de ritmos (normalmente o TR-808), usando a boca, os beizos, a lingua e a voz.[1] Tamén pode implicar a imitación vocal do turntablism e outros instrumentos musicais. O beatboxing hoxe en día está conectado coa cultura hip hop, a miúdo téñense referido a esta técnica como "o quinto elemento" do hip hop, aínda que non se limita á música hip hop.[2][3] O termo beatboxing úsase ás veces para referirse á percusión vocal en xeral.

  1. "Toward a Beatboxology". humanbeatbox.com. Consultado o 2023. 
  2. "The History of Beatboxing". humanbeatbox.com. 
  3. Stowell, D.; Plumbley, M. D. (2008). "Characteristics of the beatboxing vocal style" (PDF). 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in