Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Castelo Branco | ||||
Contén a división administrativa | Belmonte Castelo Branco Covilhã (pt) Fundão Idanha-a-Nova Mação (pt) Oleiros Pampilhosa da Serra (pt) Penamacor Proença-a-Nova (pt) Sertã Vila Velha de Ródão Vila de Rei (pt) | ||||
A Beira Baixa é unha antiga provincia portuguesa, orixinalmente creada no século XIX, a partir de parte do territorio da anterior Provincia da Beira. Daquela, a Beira Baixa contiña o que é hoxe denominado como Beira Interior Sul, Cova da Beira e parcialmente o Piñal Interior Sul e Norte, englobando gran parte do Castelo Branco.
Na reforma administrativa de 1936 foi novamente creada unha división chamada Província da Beira Baixa Esta nova provincia contiña agora só a parte interior sur da antiga Provincia da Beira, é dicir, aproximadamente o actual Distrito de Castelo Branco. As provincias de 1936 practicamente nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.
Facía fronteira ao norte coa Beira Alta, ao noroeste coa Beira Litoral, ao suroeste co Ribatexo, ao sul co Alto Alentexo e a leste co Estado español á altura da provincia de Cáceres, na actual comunidade de Estremadura).
Estaba constituída por 13 concellos, integrando a totalidade o distrito de Castelo Branco e tamén un concello do distrito de Coímbra e outro do de Santarém. Tiña a súa capital na cidade de Castelo Branco.
Para algúns xeógrafos, esta provincia, xunto coa Beira Alta, e por veces até coa Beira Transmontana, formaba unha unidade xeográfica maior: a Beira Interior.
Actualmente, o seu territorio atópase situado na Rexión Centro, dividíndose nas subrexións da Beira Interior Sul, Cova da Beira e Piñal Interior Sul (coas que coincide plenamente), e tamén polo Piñal Interior Norte (por abarcar no seu territorio o concello da Pampilhosa da Serra).