Bembibre | |
---|---|
Concello | Val do Dubra[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°01′31″N 8°39′23″O / 43.0254, -8.6565 |
Poboación | 1116 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Bembibre[1] (do latín bene vivere, 'ben vivir, lugar bo para vivir') é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2013 tiña 1062 habitantes (552 mulleres e 510 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes.