Betanzos

Modelo:Xeografía políticaBetanzos
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°16′45″N 8°12′38″O / 43.2792, -8.2106
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalBetanzos Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación13.082 (2023) Editar o valor en Wikidata (540,8 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie24,19 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude36 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónRoque de Montpellier Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRamón García Vázquez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Betanzos Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15009 Editar o valor en Wikidata

Páxina webbetanzos.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: BetanzosTanCerca Twitter: AyuntBetanzos Instagram: betanzostancerca Youtube: UCQj6KRbFN0bZLoyKFcgDkMQ Editar o valor en Wikidata

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.[1] Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes.[2] Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465.[1] Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.[3]

Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O xentilicio é betanceiro,[4] brigantino[5] ou popularmente garelo.[Cómpre referencia]

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome fvales_1991
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome fornos
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome D38501970
  4. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brigantino.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in