Betaproteobacterias | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Neisseria gonorrhoeae | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
|
As betaproteobacterias ou Betaproteobacteria son un grupo de bacterias gramnegativas considerado unha clase do filo Proteobacteria.[1]
As Betaproteobacteria constan de varios grupos de bacterias aeróbicas ou anearobias facultativas que adoitan ser bastante versátiles nas súas capacidades degradativas, pero que tamén conteñen xéneros qimiolitótrofos (por exemplo, o xénero que oxida amoníaco Nitrosomonas) e algúns fotótrofos (membros dos xéneros Rhodocyclus e Rubrivivax). As Betaproteobacteria interveñen na fixación do nitróxeno en varios tipos de plantas, oxidando o amoníaco para producir nitrito, un importante composto para o metabolismo das plantas. Moitos deles encóntranse en mostras tomadas do medioambiente, xa que viven nas augas ou no solo.[2] As especies patóxenas desta clase son as Neisseriaceae (producen a gonorrea e a meninxite) e as especies do xénero Burkholderia.