Biblia Kennicott

Biblia Kennicott
Bodleian Library
Dúas das páxinas completamente ilustradas da Biblia Kennicott nunha edición facsímile.
Tamén coñecido comoPrimeira Biblia de Kennicott
TipoCódice
Data24 de xullo de 1476
Lugar de orixeA Coruña
Lingua(s)Hebreo
Escriba(s)Moisés Ibn Zabarah
Ilustrado porJoseph Ibn Hayyim
PromotorIsaac de Braga
MaterialPergamiño
Dimensións30 cm × 23,5 cm
FormatoRolo
LetraSefardí
ContidoBiblia hebrea,
Sefer Mikhlol de David Kimhi
Posesións previasBiblioteca Radcliffe
DescubertaAdquirida por Patrick Chalmers en Xibraltar no século XVIII
IdentificadorMS. Kennicott 1
modificar datos en Wikidata ]

A Biblia de Kennicott, ás veces denominada primeira Biblia de Kennicott,[1] é unha copia manuscrita da Biblia hebrea escrita na cidade da Coruña en 1476,[2] sendo un dos manuscritos iluminados máis exquisitos que se coñecen en lingua hebrea;[3] está considerado como unha das obras cume da ilustración medieval,[4] e mesmo o manuscrito sefardí máis luxosamente ilustrado do século XV.[5] O manuscrito foi redactado na cidade da Coruña polo calígrafo Moisés Ibn Zabarah e iluminado por Joseph Ibn Hayyim e foi descuberto no século XVIII.[6] É considerado por algúns, como o historiador Carlos Barros, o manuscrito relixioso máis importante da Idade Media galega.[7]

O manuscrito recibe o seu nome de Benjamin Kennicott, un cóengo da catedral da Igrexa de Cristo de Oxford (Inglaterra), que mercou o manuscrito á Biblioteca Radcliffe, de onde foi transferido á Biblioteca Bodleian en 1872.[6][8]

Un dos aspectos máis destacados do exemplar é a estreita colaboración que amosa entre o autor do texto e o iluminador, algo poucas veces conseguido neste tipo de traballo, segundo o historiador da cultura xudía Cecil Roth.[9]

  1. Michael Gerli, ed. (2003). Medieval Iberia. An Encyclopedia (en inglés). Londres: Routledge. p. 115. ISBN 0-415-93918-6. 
  2. "La Biblia de Kennicott y la importancia de la tradición hebrea en España". biblias.com. Consultado o 04-01-2018. 
  3. "O facsímile da Biblia de Kennicott na BUSC". Blog da Biblioteca Universitaria da Santiago de Compostela. Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Voz
  5. Kogman-Appel 2004, p. 212.
  6. 6,0 6,1 Antonio Rubio 2006, pp. 219-20.
  7. Barros, Carlos. "A BIBLIA KENNICOTT. Unha biblia xudía na Galicia do século XV". AGAI. Consultado o 2 de xuño de 2017. 
  8. "La Biblia de Kennicott y la importancia de la tradición hebrea en España" (en castelán). biblias.com. Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  9. González López 1967, pp. 201.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in