Biblioteca Nacional de Australia

Edificio da Biblioteca Nacional de Australia en Camberra.

A Biblioteca Nacional de Australia (en inglés: National Library of Australia) é a maior biblioteca de referencia de Australia e atópase na súa capital, en Camberra. Tamén fai a función de depósito legal de Australia. Segundo os datos de 2012 e 2013, a biblioteca conta cun fondo de 6 496 772 ítems, e cunha estimación doutros 2 325 900 ítems adicionais na colección de manuscritos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy