Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes | |
---|---|
Acrónimo | BVMC |
Tipo | biblioteca virtual |
Data de fundación | 1999 |
Fundador(es) | Universidade de Alacant |
Nomeado en referencia a | Miguel de Cervantes |
Premios | SPIRL, Awards Aporta e British Library Labs Awards |
Sede | Alacant |
País | España |
38°23′05″N 0°30′47″O / 38.384638888889, -0.51314722222222 | |
Na rede | |
https://www.cervantesvirtual.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é unha biblioteca española que reúne obras hispánicas en Internet. Ten como obxectivo principal a difusión da cultura hispánica.
Foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alacant e co patrocinio do Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín. Está xestionada por unha fundación que preside Mario Vargas Llosa.[1] A idea orixinal do proxecto concibiuna Andrés Pedreño Muñoz, reitor da Universidade de Alacant nese momento, inspirada no concepto de biblioteca dixital dalgunhas universidades estadounidenses. El foi quen presentou a Emilio Botín, Presidente do Banco Santander un proxecto pioneiro en dixitalización de obras de referencia hispanas, algo que dende primeiro momento entusiasmou ó máximo responsable do Santander e deulle o seu apoio.
Un consello científico, dirixido por Darío Villanueva, avala o rigor da biblioteca.