Big Fish | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Big Fish |
Director | Tim Burton |
Produtor | Bruce Cohen Dan Jinks Richard D. Zanuck |
Guión | John August, baseado na novela de Daniel Wallace |
Intérpretes | Ewan McGregor Albert Finney Jessica Lange Alison Lohman Billy Crudup Steve Buscemi Danny DeVito Helena Bonham Carter |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Philippe Rousselot |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 2003 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia-Drama |
Orzamento | $70 000 000[1] |
Recadación | $122 900 000 |
Na rede | |
https://www.sonypictures.com/movies/bigfish | |
Big Fish é unha película de 2003 dirixida por Tim Burton e escrita por John August, baseada na novela Big Fish: A Novel of Mythic Proportions de Daniel Wallace. Entre os seus protagonistas están Ewan McGregor, Albert Finney, Billy Crudup, Jessica Lange, Alison Lohman, Steve Buscemi, Helena Bonham Carter e Danny DeVito.
A película ía ser dirixida por Steven Spielberg, antes de que Burton se encargase do proxecto, trala morte do seu propio pai. Foi filmada en Alabama, e ten menos elementos góticos ca outras películas de Burton coma Edward Scissorhands ou Sleepy Hollow. A película recibiu catro candidaturas para os Globos de Ouro e unha candidatura para os Premios Oscar 2004.