Bigornia

Bigornia nun museo en Gales.
Un ferreiro traballando o ferro roxo cun martelo na bigornia.

Unha bigornia[1] é unha peza de ferro ou aceiro alongada sobre a que se machuca outro obxecto. A súa utilidade está determinada polo seu tamaño, xa que canto máis inerte sexa a bigornia, máis eficientemente será transmitida a enerxía da ferramenta golpeadora á peza de traballo. A bigornia empregada como unha ferramenta de forxa coñécese como engra, incre ou zafra. Antes do descubrimento da tecnoloxía moderna de soldadura, foi un instrumento fundamental para os ferreiros.[2][3]

A meirande parte das bigornias modernas están feitas de aceiro, de ferro fundido ou dunha mestura de ferro e aceiro. Debido a que o uso das bigornias é moi antigo e foron outrora moi cotiás, teñen hoxe en día un significado simbólico por riba do seu uso como obxectos útiles.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bigornia.
  2. Hahn, Robert. Archaeology and the Origins of Philosophy. Publisher: State University of New York Press 2010. ISBN 978-1438431659.
  3. Biblia do rei Xacobe ISAIAH 41:7.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in