Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
William Everett Preston, máis coñecido como Billy Preston, nado en Houston (Texas) o 2 de setembro de 1946 e finado en Scottsdale (Arizona) o 6 de xuño de 2006, foi un músico estadounidense.
Alén da súa carreira en solitario, premiada con varios Grammys, colaborou con grandes nomes da música soul, blues, funk, rock e pop como The Beatles, The Rolling Stones, Little Richard, Ray Charles, George Harrison, Elton John, Eric Clapton, Bob Dylan, Sam Cooke, King Curtis, Sammy Davis Jr., Aretha Franklin, The Jackson 5, Quincy Jones, John Lennon e Red Hot Chili Peppers entre outros. Debido á súa implicación nas sesións de gravación de Let It Be é un dos numerosos personaxes chamados o quinto Beatle. Xunto a Tony Sheridan, é o único músico acreditado nun sinxelo do cuarteto de Liverpool (no "Get Back").