Biodiversidade

Imaxe dun Lince Lynx lynx, unha das cerca de 2 millóns de especies identificadas que conforman o patrimonio da Biodiversidade no mundo

Biodiversidade (neoloxismo do inglés biodiversity, á súa vez do grego βιο-, vida, e do latín diversĭtas, -ātis, variedade), ou diversidade biolóxica, é a variedade de vida dun hábitat ou dun ecosistema, ou mesmo o conxunto presente na Terra. Este termo polo xeral refírese á riqueza de especies, inda que se pode referir tamén á variación a nivel xenético, fenotípico ou o presente en comunidades ou ecosistemas.[1][2]

A diversidade de especies do planeta actual supera os 10 millóns de especies, e meirande parte desta aínda non foi descrita.[3] Algunhas estimacións cuantifican a riqueza total en mil millóns de especies diferentes.[4] A distribución das especies ten diferenzas na súa distribución bioxeográfica e temporal. A riqueza de especies varía segundo a latitude e nos ecosistemas terrestres é maior no ecuador[5] e nos ecosistemas mariños posiblemente nas faixas arredor do ecuador, nas zonas costeiras con afloramento e nos arrecifes de coral. Ademais destes existen outros puntos quentes de biodiversidade con interese de conservación.

Os cambios ambientais abruptos polo xeral producen extincións masivas.[6][7][8] Desde o inicio da vida na terra, houbo cinco grandes extincións masivas e varios eventos menores que diminuíron a diversidade. Grazas á explosión do cámbrico, o fanerozoico (os últimos 540 millóns de anos) foi un crecemento continuo de diversidade de organismos multicelulares. Nese período producíronse eses eventos de perdas, como o colapso dos bosques tropicais no carbonífero que reduciu a riqueza de plantas e animais.[9] A extinción máis acusada deuse entre pérmiano e o triásico (hai 251 millóns de anos), que supuxo que os vertebrados precisasen 30 millóns de anos para recuperar a súa diversidade.[10] A máis recente foi a da transición entre o cretáceo e o paleóxeno (hai 65 millóns de anos), e que produciu a extinción dos dinosauros non avícolas. Desde a aparición dos humanos modernos a biodiversidade global está a verse reducida, tanto pola perda de especies como pola súa diversidade xénica por procesos como a destrución de hábitats. Este proceso actual de extinción chámaselle extinción do Holoceno.

A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 22 de maio como o Día internacional da Diversidade Biolóxica [11].

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome BES_glossary
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ESA_Biodiversity
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome mora2011
  4. Kenneth J. Locey, Jay T. Lennon (Maio de 2016). "Scaling laws predict global microbial diversity". Proceedings of the National Academy of Sciences 113 (21): 5970–5975. doi:10.1073/pnas.1521291113. 
  5. Gaston, Kevin J. (11 de maio de 2000). "Global patterns in biodiversity". Nature 405 (6783): 220–227. PMID 10821282. doi:10.1038/35012228. 
  6. Charles Cockell; Christian Koeberl; Iain Gilmour (18 de maio de 2006). Springer Science & Business Media, eds. Biological Processes Associated with Impact Events (1 ed.). pp. 197–219. ISBN 978-3-540-25736-3. 
  7. Bond, David P.G.; Wignall, Paul B. (1 de xuño de 2008). "The role of sea-level change and marine anoxia in the Frasnian–Famennian (Late Devonian) mass extinction". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology (3–4 ed.) 263: 107–118. doi:10.1016/j.palaeo.2008.02.015. 
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Algeo1998
  9. Sahney, S.; Benton, M.J.; Falcon-Lang, H.J. (2010). "Rainforest collapse triggered Pennsylvanian tetrapod diversification in Euramerica". Geology (12 ed.) 38: 1079–1082. doi:10.1130/G31182.1. 
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Sahney2008
  11. "Día Internacional de la Diversidad Biológica, 22 de mayo" (en castelán). Consultado o 2022-11-23. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in