Bioluminescencia

Vagalume en voo da especie Photinus pyralis, presente en Norteamérica.
Femia do vagalume da especie Lampyris noctiluca, presente en Europa.

A bioluminescencia é a produción e emisión de luz por un organismo vivo. A bioluminescencia é unha forma natural de quimioluminescencia na que se libera enerxía en forma de emisión de luz por medio dunha reacción química. Os vagalumes, a familia dos peixes sapos, e outras criaturas producen a substancia química luciferina e o encima luciferase.[1] A luciferina reacciona co oxíxeno para producir luz. A luciferase actúa como un catalizador que acelera a reacción, que está ás veces mediada por cofactores como os ións calcio ou a ATP. A reacción química pode ocorrer dentro ou fóra da célula. En bacterias, a expresión do xene relacionado coa bioluminescencia está controlada por un operón chamado operón lux.[2]

A bioluminescencia aparece sobre todo nos vertebrados e invertebrados mariños, pero tamén nalgúns animais terrestres. Algúns organismos (vagalumes, cnidarios) teñen bioluminescencia por si mesmos, e outros grazas a simbiontes. Os organismos simbióticos que viven dentro de organismos maiores poden ser tamén bioluminescentes, polo que lle dan unha bioluminescencia ao seu hóspede, que doutro modo non a tería.

  1. Kirkwood, Scott (Spring 2005). "Park Mysteries: Deep Blue". National Parks Magazine (National Parks Conservation Association). pp. 20–21. ISSN 0276-8186. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2009. Consultado o 14 June 2010. 
  2. Hastings, J. W. (1983-09). "Biological diversity, chemical mechanisms, and the evolutionary origins of bioluminescent systems". Journal of Molecular Evolution (en inglés) 19 (5): 309–321. ISSN 0022-2844. doi:10.1007/BF02101634. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy