Epónimo | Blantyre (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Malaui | |||
Rexión | Rexión Sur | |||
Distritos (pt) | Distrito de Blantyre | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.895.973 (2012) (8.315,67 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 228.000.000 m² | |||
Altitude | 1.039 m-1.041 m | |||
Creación | 1876 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Blantyre é a cidade máis poboada de Malawi. Á beira do río Shire, cerca de Zomba, é o centro administrativo do distrito de Blantyre e da rexión meridional, e principal centro comercial e industrial, desde o que se canaliza o comercio e o transporte das terras altas do Shire. É sede dun palacio presidencial, o palacio Sankija, e do Tribunal Superior de Apelación, conta con varias escolas técnicas e coa Universidade de Malaui (1964). Na zona cultívase fundamentalmente tabaco, maínzo, trigo, café, e tung do que se extrae aceite.
A cidade, situada nas coordenadas 15°40′S 34°58′L / -15.667, -34.967, ten unha poboación de 732.518 habitantes (2008).
Foi fundada en 1876 por misioneiros escoceses, e bautizada co nome da cidade natal do explorador escocés David Livingstone. Blantyre converteuse en municipio en 1895 e en 1956 uniuse ao de Limbe para formar o municipio de Blantyre-Limbe. En 1966 adquiriu a categoría de cidade.