Blu-ray Disc

Blu-ray (tamén coñecido por BD ou Blu-ray Disc) é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de alta definición e almacenaxe de datos de alta densidade. Compite por converterse no estándar de medios ópticos sucesor do DVD. O seu rival é o HD-DVD. O disco Blu-Ray fai uso dun láser de cor violeta de 405 nanómetros, a diferenza do DVD, que usa un láser de cor vermella de 650 nanómetros. Isto permite gravar máis información nun disco do mesmo tamaño. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser ("blue ray" en inglés significa "raio azul"). A letra "e" da palabra orixinal "blue" foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar como un nome comercial unha palabra común. Este raio azul mostra unha lonxitude de onda curta de 405 nm e, xunto con outras técnicas, permite almacenar substancialmente máis datos que un DVD ou un CD. Blu-ray e HD-DVD comparten as mesmas dimensións e aspecto externo. Blu-ray foi desenvolvido en común por un grupo de compañías tecnolóxicas chamado Asociación de Disco Blu-ray (BDA en inglés), liderado por Sony (e pola Playstation 3), e Philips.

O Blu-ray é elaborado pola Blu-ray Disc Association ou BDA (Asociación de Discos Blu-Ray), presidida polas seguintes empresas (por orde alfabética): 20th Century Fox, Apple Computer Inc., Buena Vista Home Entertainment, Dell Inc., Hewlett-Packard Company, Hitachi LTD., LG Electronics Inc., Matsushita Electric Industrial Co. Ltd. (Panasonic), Mitsubishi Electric Corporation, Pioneer Corporation, Royal Philips Electronics, Samsung Electronics Co. Ltd., Sharp Corporation, Sony Corporation, TDK Corporation, Thomson e Warner Home Video.

Espérase que este formato sexa lanzado ó mercado o día 23 de maio de 2006.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy