Boliviano (moeda)

Boliviano (moeda)
Código:BOB
Ámbito: Bolivia
Símbolo:Bs
Fracción:100 centavos
Moedas:10, 20, 50 centavos
1, 2, 5 Bs
Billetes:10, 20, 50, 100, 200 Bs
Emisor:Banco Central de Bolivia
Taxa de troco:
25-03-2010
1 EUR = 9,3277 Bs
1 USD = 7,02 Bs
Troco actual

O Boliviano é a moeda de oficial de Bolivia. O 28 de novembro de 1986 (Lei 901) substitúe o peso boliviano ($b), que perdeu o seu valor coa grande crise inflacionista que sufriu o país en 1985 (8767%, é dicir 750.000 pesos por dólar ese ano). Coa Nova Política Económica, o 28 de novembro de 1986, Paz Estensoro asinou a lei para a posta en circulación o 1 de xaneiro de 1987 dunha nova moeda nacional enteiramente convertible, o boliviano, equivalente a un millón de pesos e cun tipo de troco flexible con relación ao dólar e que logo dun período de transición é a única moeda legalmente aceptada a partir do 1 de xaneiro de 1988. O boliviano entre 1863 e 1963 foi a moeda nacional ata a súa substitución polo peso boliviano.

O Banco Central de Bolivia, fundado en 1928, é o organismo económico responsable da emisión de moeda. A denominación das moedas é de: 10, 20 e 50 centavos e 1, 2 e 5 Bolivianos. En billetes, as denominacións son de 10, 20, 50, 100 e 200 Bolivianos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy