Bombai

Modelo:Xeografía políticaBombai
मुंबई (mr) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoMumba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 19°04′33″N 72°52′39″L / 19.0758, 72.8775
PaísIndia
Estado da IndiaMaharashtra Editar o valor en Wikidata
Capital de
Maharashtra (1960–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación15.414.288 (2018) Editar o valor en Wikidata (25.562,67 hab./km²)
Lingua usadaLingua maithili
Lingua marathi
Lingua urdú
Lingua támil
Lingua kanaresa
Lingua tulu
Lingua telugu
Lingua konkani
lingua malayalam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie603 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude14 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1507 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Alcalde e Comisario municipal Editar o valor en WikidataIqbal Singh Chahal (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal400001 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0022 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webportal.mcgm.gov.in Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455723
Kalbadevie Road, c. 1890.

Bombai[1] (en hindi: बंबई; en marathi: मुम़बई, "Mumbaī" nome oficial na India desde 1995,[n. 1] a forma galega tradicional Bombai deriva da forma inglesa Bombay) é a cidade máis grande da India e capital do estado indio de Maharashtra e o centro financeiro de facto da India. Segundo as Nacións Unidas, a partir de 2018, Bombai é a a segunda cidade máis poboada da India despois de Delhi e a oitava cidade máis poboada do mundo cunha poboación de aproximadamente 20 millóns de habitantes.[2] Segundo o censo de poboación do goberno indio de 2011, Mumbai era a cidade máis poboada da India cunha poboación propia dentro da cidade estimada de 12,5 millóns que viven baixo a Corporación Municipal de Brihanmumbai.[3] Bombai é o centro da Rexión Metropolitana de Bombai, a sexta área metropolitana máis poboada do mundo cunha poboación de máis de 23 millóns de habitantes.[4] Bombai está situada no litoral de Konkan, costa occidental da India, e conta cun profundo refuxio marítimo. En 2008, Bombai foi nomeada cidade mundial alfa. [5][n. 2]

As sete illas que conforman Bombai albergaban anteriormente comunidades do pobo koli que falaban a lingua marathi.[8][9][10] Durante séculos, as sete illas de Bombai estiveron baixo o control de sucesivos gobernantes indíxenas antes de ser cedidas o Imperio portugués, e posteriormente á Compañía das Indias Orientais en 1661, a través da dote de Catarina de Braganza cando foi casada con Carlos II de Inglaterra.[11] Durante mediados do século XVIII, Bombai foi remodelada polo proxecto Hornby Vellard,[n. 3][12] que emprendeu a recuperación marítima da zona entre as sete illas.[13] Xunto coa construción de importantes estradas e ferrocarrís, o proxecto de recuperación, concluído en 1845, transformou Bombai nun importante porto marítimo no mar Arábigo. Bombai no século XIX caracterizouse polo desenvolvemento económico e educativo. Durante o inicio do século XX converteuse nunha base forte para o movemento independentista indio. Tras a independencia da India en 1947, a cidade foi incorporada ao Estado de Bombay. En 1960, tras o Movemento Samyukta Maharashtra, creouse un novo estado o de Maharashtra con Bombai como capital.[14]

Bombai é a capital financeira, comercial,[15] e do entretemento da India. Tamén é un dos dez principais centros de comercio do mundo en termos de fluxo financeiro global,[16] xerando o 6,16% do PIB da India,[17] representa o 25% da produción industrial e o 70% do comercio marítimo da India (Porto de Bombai e JNPT),[18] e o 70 % das transaccións de capital da economía da India.[19][20] A cidade alberga importantes institucións financeiras e a sedes de numerosas compañías indias e corporacións multinacionais. Tamén alberga algúns dos principais institutos científicos e nucleares da India. A cidade tamén alberga as industrias cinematográficas de Bollywood e Marathi. As oportunidades de negocio de Bombai atraen a migrantes de toda a India.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para támil. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parsi.
  2. Nations, United (outubro de 2018). Nacións Unidas, ed. "The World's Cities in 2018" (PDF). p. 4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de novembro de 2018. Consultado o 3 de xaneiro do 2022. 
  3. "Provisional Population Totals, Census of India 2011; Cities having population 1 lakh and above" (PDF). Office of the Registrar General & Census Commissioner, India. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de maio de 2012. Consultado o 3 de xaneiro do 2022. 
  4. "World Urban Areas" (PDF). Demographia. 2018. Consultado o 3 de xaneiro do 2022. 
  5. "The World According to GaWC 2008". Globalization and World Cities Study Group and Network (GaWC). Loughborough University. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 3 de xaneiro do 2022. 
  6. Tembhekar, Chittaranjan (4 de xuño de2014). The Times of India, ed. "Mumbai is noisiest city in the world". TNN. Consultado o 3 de xaneiro do 2022. 
  7. Gehi, Reema (12 de outubro de2013). Mumbai Mirror, ed. "SOUND EFFECT". Consultado o 3 de xaneiro do 2022. 
  8. James, V. (1977). "Marriage Customs of Christian Son Kolis". Asian Folklore Studies 36 (2). pp. 131–148. JSTOR 1177821. doi:10.2307/1177821. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de decembro de 2013. 
  9. Munshi, Kanaiyalal M. (1954). Gujarāt and its literature, from early times to 1852. Bharatiya Vidya Bhavan. p. xix. Os seguintes inmigrantes nas illas de Bombai foron os kolis, que segundo todas as autoridades seguiron sendo os seus habitantes orixinais ata que Aungier fundou a cidade de Bombai. Kathiawad e Gujarāt Central foron o fogar dos kolis en tempos prehistóricos. 
  10. Mehta, R. N. (1983). "Bombay – An analysis of the toponym". Journal of the Oriental Institute. pp. 138–140. Os kolis que sucederon aos homes da Idade de Pedra na illa trouxeron consigo de Gujarat á súa deusa patroa Mummai, á que os seus descendentes seguen rendendo culto en Kathiawar. O nome de Bombai procede desta deusa koli. 
  11. Wynne, S. M. (2004-09-23). Catherine [Catherine of Braganza, Catarina Henriqueta de Bragança] (1638–1705), queen of England, Scotland, and Ireland, consort of Charles II (en inglés) 1. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/4894. 
  12. Dwivedi & Mehrotra 2001, p. 28
  13. "Once Upon a Time in Bombay". Foreign Policy. 24 June 2011. Arquivado dende o orixinal o 9 January 2015. Consultado o 22 February 2012. 
  14. "Bombay: History of a City". British Library. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  15. Lakshmi, Rama (14 de abril de 2011). "New millionaires hope to serve as role models for India's lower castes". The Washington Post (Mumbai). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 4 de xaneiro do 2023. 
  16. "Mumbai, a land of opportunities". The Times of India. 20 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2014. Consultado o 4 de xaneiro do 2023. 
  17. "Mumbai Urban Infrastructure Project". Mumbai Metropolitan Region Development Authority. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de xaneiro do 2023. 
  18. "10 worst oil spills that cost trillions in losses : Rediff.com Business". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2010. Consultado o 4 de xaneiro do 2023. 
  19. "Development of Mumbai International Airport (NMIA)" (PDF). CIDCO. 2013. p. 7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de agosto de 2014. Consultado o 4 de xaneiro do 2023. 
  20. Mahajan, Poonam (26 de xullo de 2014). "Poonam Mahajan explains why Mumbai is at the very heart of India story". DNA India (Mumbai). Arquivado dende o orixinal o 21 June 2015. Consultado o 4 de xaneiro do 2023. 


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in