Borneo

Borneo
Kalimantan
Localización da illa
Situación
País Brunei,
Malaisia,
Indonesia
MaresMar da China Meridional, Mar de Xava, Mar de Célebes e Mar de Sulu
ProvinciaBrunei Distritos de Belait, Islam e Muara, Temburong e Tutong
Malaisia Estados de Sabah e Sarawak
Provincias de Kalimantan Occidental, Kalimantan Central, Kalimantan Oriental e Kalimantan Meridional
ArquipélagoIllas da Sonda
MarOcéano Pacífico
Coordenadas1°00′N 114°00′L / 1.000, -114.000
Xeografía
Superficie743.330 km²
Longura máxima1.366 km.
Largura máxima1.026 km.
Perímetro6.232´9
Punto máis alto4.095 m. Kinabalu
Demografía
Poboación19 804 064 (2010)
Densidade26´64 hab/km² hab./km²

Borneo é unha illa (a terceira por tamaño do mundo, con 743.330 km² ) ao sueste de Asia. Atópase ao norte de Xava, ao oeste de Sulawesi, e ao leste de Sumatra.

A illa está dividida politicamente entre tres países: Brunei e Malaisia no norte, e Indonesia ao sur. Aproximadamente o 73% da illa é o territorio indonesio de Kalimantan. No norte, os estados malaisianos de Sabah e Sarawak, representan ao redor do 26% da illa. Ademais, o territorio federal de Malaisia de Labuan está situado nunha pequena illa fronte á costa de Borneo. O sultanato independente de Brunei, situado na costa norte, comprende ao redor de 1% da superficie terrestre de Borneo. Borneo é o fogar dunha das máis antigas selvas do mundo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy