Borneo | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Brunei, Malaisia, Indonesia |
Mares | Mar da China Meridional, Mar de Xava, Mar de Célebes e Mar de Sulu |
Provincia | Distritos de Belait, Islam e Muara, Temburong e Tutong Estados de Sabah e Sarawak Provincias de Kalimantan Occidental, Kalimantan Central, Kalimantan Oriental e Kalimantan Meridional |
Arquipélago | Illas da Sonda |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 1°00′N 114°00′L / 1.000, -114.000 |
Xeografía | |
Superficie | 743.330 km² |
Longura máxima | 1.366 km. |
Largura máxima | 1.026 km. |
Perímetro | 6.232´9 |
Punto máis alto | 4.095 m. Kinabalu |
Demografía | |
Poboación | 19 804 064 (2010) |
Densidade | 26´64 hab/km² hab./km² |
Borneo é unha illa (a terceira por tamaño do mundo, con 743.330 km² ) ao sueste de Asia. Atópase ao norte de Xava, ao oeste de Sulawesi, e ao leste de Sumatra.
A illa está dividida politicamente entre tres países: Brunei e Malaisia no norte, e Indonesia ao sur. Aproximadamente o 73% da illa é o territorio indonesio de Kalimantan. No norte, os estados malaisianos de Sabah e Sarawak, representan ao redor do 26% da illa. Ademais, o territorio federal de Malaisia de Labuan está situado nunha pequena illa fronte á costa de Borneo. O sultanato independente de Brunei, situado na costa norte, comprende ao redor de 1% da superficie terrestre de Borneo. Borneo é o fogar dunha das máis antigas selvas do mundo.