Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1945 (79 anos) Wilmington, Estados Unidos de América |
Educación | Holderness School (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Robert Brett Lunger, nado o 14 de novembro de 1945 en Wilmington, Delaware, é un expiloto dos Estados Unidos. Lunger foi educado na escola de Wilmington, na Holderness School, e na Universidade de Princeton. Abandonou Princeton logo de tres anos para alistarse para o servizo en Vietnam. Destacou nas ciencias políticas.[1] Nese momento preparaba unha tese sobre a política dos Estados Unidos no Sueste Asiático. O Incidente do Golfo de Tonkín refutou a maior parte da súa tese.[2] Ao regresar de Vietnam como tenente retirado dos marines, comezou a súa carreira como piloto de competición, que realizou principalmente en automóbiles privados, finaciados pola fortuna familiar (Lunger era un descendente da familia DuPont). Tamén é coñecido por axudar a rescatar a Niki Lauda do seu Ferrari en chamas no ciruíto de Nürburgring en 1976.
Lunger non se cíou nunha familia entusiasta dos autos. Criárono para gozar do béisbol, do hockey, e do balompé. Interesouse polas carreiras de automóbiles cando un amigo levouno a unha carreira en 1965. En 1966 foi o "neno rico" das Can-Am series. Entre 1972 e 1973 enfrontouse na Fórmula 2 europea, a pilotos do talle de Emerson Fittipaldi, Ronnie Peterson e Jean-Pierre Jarier. O seu mellor final foi un 4º lugar en Mantorp Park en Suecia, no equipo Space Racing, no seu March-Ford BDA 722. O coche que tiña nese momento non lle permitía facelo mellor. Nun só fin de semana en Rouen, Francia, Lunger rebentou tres motores Ford BDA.
Casou con Jo, a filla de Sir Leonard Crossland, expresidente de Ford en Gran Bretaña e executivo de Lotus en 1975. Lunger usou a casa de campo inglesa da súa esposa como base para negociar cos equipos da Fórmula 1 en 1975.[3]