Brisbane

Modelo:Xeografía políticaBrisbane
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoBrisbane River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°28′04″S 153°01′40″L / -27.4678, 153.0278
EstadoAustralia
Estado da Austrália (pt) TraducirQueensland Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.360.241 (2016) Editar o valor en Wikidata (149,14 hab./km²)
Xeografía
Superficie15.826 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Creación1824 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+10 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico0721, 0722, 0723, 0724, 0725, 0726, 0727, 0729, 0730, 0731, 07321, 07322, 07323, 07324, 07325, 07326, 07327, 07329, 07330, 07331, 07332, 07333, 07334, 07335, 07336, 07337, 07339, 0734, 0735, 0737, 07381, 07382, 07383, 07384, 07385, 07386, 07387, 07389 e 0739 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Dubai
Abu Zabi
Auckland City (en) Traducir
Niza
Cirebon (pt) Traducir
Lucknow
Kōbe (1985–)
Auckland (1988–)
Shenzhen (1992–)
Semarang (1993–)
Bangkok (1997–)
Kaohsiung (1997–)
Daejeon (pt) Traducir (2002–)
Chongqing (2005–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webbrisbane.qld.gov.au Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5045953

Brisbane é a terceira cidade máis grande de Australia. É a capital do estado de Queensland, no nordés do país e ten 1 993 132 habitantes (estimado no 2006). Atópase ao leste da Gran Cordilleira Divisoria, ao sueste da cordilleira Taylor e moi próxima á baía Moretón. Está atravesada polo río Brisbane, que foi dragado para facilitar o tránsito de barcos. Cara ao oeste o horizonte está dominado pola presenza do monte Cootha en cuxas abas se atopan un planetario e os xardíns botánicos. Na súa cima atópase un miradoiro que ofrece unhas vistas magnificas da cidade e o seu ondulante río. As máis importantes estacións de televisión no estado de Queensland teñen os seus estudos no monte Cootha.

O sector de Southbank, que se sitúa na riviera sur do río Brisbane, renovouse intensamente para acoller a Exposición Internacional de 1988, pasando a converterse das súas orixes industriais a un agradable parque de fermosos xardíns, onde tamén se atopa unha praia pública artificial, restaurantes e bares, espazos de esparexemento e o museo marítimo. Coa construción da ponte peonil Good Will pódese facilmente chegar desde o centro da cidade a Southbank en tan só uns minutos. A area é unha das favoritas dos habitantes de Brisbane para celebrar asados familiares os fins de semana.

O municipio de Brisbane anunciou un plan de desenvolvemento que considera a construción de pontes peonís adicionais co fin de facer a cidade máis accesible a peóns e ciclistas, así como tamén para incentivar as actividades físicas.

A economía baséase en diversas industrias petroquímicas, metalúrxicas, construcións mecánicas, alimentarias e ferrometalúrxicas. Destaca tamén o seu porto, polo cal exporta carbón e metais. É tamén un importante centro cultural e turístico, ademais de ser centro do nó ferroviario e aéreo para Queensland. Nas súas proximidades atópase a terminal dun gasoduto e a do oleoduto de Moonie.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in