Brucelose

Brucelose
Clasificación e recursos externos
Bacterias de Brucella spp., cocobacilos gramnegativos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A brucelose, tamén chamada febre de Malta, febre mediterránea, febre ondulante, ou enfermidade de Bang, é unha enfermidade infecciosa de distribución mundial, producida por bacterias do xénero Brucella, que ataca a varias especies de mamíferos, entre eles o ser humano, así como a varias especies de gando doméstico importantes economicamente, como vacas, cabalos, ovellas, cabras ou porcos, nas cales produce un cadro febril inespecífico.

Non hai que confundila coa febre mediterránea familiar, unha enfermidade xenética das chamadas "raras" e que constitúe a máis frecuente das síndromes autoinflamatorias.

A brucelose afecta principalmente a persoas que traballan con animais ou produtos infectados.[1] Outra fonte posible de infección son o leite e produtos lácteos non pasteurizados. No ser humano os axentes máis frecuentes son Brucella melitensis (nun 98 %) e Brucella abortus (aproximadamente un 2 %), e en raros casos B. suis e B.canis.

  1. Fernández Camacho, Eddy; Gómez Villalobos, Fernando (2009). "Brucelosis. (Revisión bibliográfica)" (PDF). Revista médica de Costa Rica y Centroamérica (en inglés) (Costa Rica) 67 (590): 399–404. Consultado o 1 de outubro de 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy