Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Burela | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.454 (2023) (1.152,93 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 8,2 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 25 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Xoán o Bautista | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Carmela López Moreno | ||||
Eleccións municipais en Burela | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27880 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27902 | ||||
Páxina web | burela.org |
Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. En 2015 tiña 9.580 habitantes. O xentilicio é burelao,[1] burelense[2] ou burelés.[3] É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.
Ata 1994, cando se segrega, formaba parte de Cervo. Debido á gran demanda de persoal para traballar no mar, Burela é un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de suramericanos e filipinos.