Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Turquía | |||
Provincia | Provincia de Bursa | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.901.396 (2016) (262,74 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua turca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 11.043 km² | |||
Altitude | 100 m | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 202 | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 16000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 224 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | bursa.bel.tr | |||
Bursa, coñecida historicamente como Prusa (en grego antigo Προύσα) e, posteriormente, como Brusa, é unha cidade do noroeste da parte asiática de Turquía e capital da Provincia de Bursa, na rexión (bölge) do Mármara (Marmara Bölgesi).
Moitas veces denomínase á cidade como Yeşil Bursa ("Bursa verde"), en referencia aos numerosos parques e xardíns do centro da cidade, así como aos bosques que se estenden por toda a rexión.
Cerca da cidade álzase a montaña Uludağ, que conta cunha estación de esquí moi popular entre os habitantes. Tamén se encontran en Bursa os mausoleos dos sultáns otománs, así como numerosos edificios construídos durante o Imperio Otomán.
A fértil chaira que rodea a cidade, os baños termais, o museo de arqueoloxía, entre outros, e o ordenado crecemento urbano son algúns dos elementos que caracterizan a Bursa.
Entre os distritos que dependen de Bursa, destaca a histórica Nicea pola súa historia e os seus edificios.
Bursa tamén conta coa Universidade de Uludağ, e a súa poboación ten un dos máis altos niveis educativos de Turquía. Tradicionalmente acolleu a numerosos inmigrantes dos Balcáns, en ocasións en gran número.
En 1991, a cidade foi laureada con Premio de Europa, unha distinción outorgada anualmente polo Consello de Europa, desde 1955, a aqueles municipios que fixeran notábeis esforzos para promover o ideal da unidade europea.
En 2014, a Unesco elixiu a denominación Bursa e Cumalıkızık: nacemento do Imperio otomán como Patrimonio da Humanidade.[1]