Cabalo de vapor

O cabalo de vapor, de símbolo CV, é unha unidade de potencia, que equivale a 75 quilográmetros/s. Un quilográmetro corresponde ó traballo necesario para erguer un quilo a un metro de altura.

É pouco utilizada no medio científico debido á existencia dunha unidade específica para iso no Sistema Internacional de Unidades, o Watt, pero a súa utilización persiste na industria automobilística para clasificar a potencia dos motores de combustión interna.

Nos países anglo-saxóns, utilízase o horse power, de símbolo hp é unha unidade da mesma escala de grandeza, mais con valores diferentes. O Horse Power defínese como a potencia necesaria para elevar verticalmente á velocidade de 1 pé/min unha masa de 33.000 libras.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy