O Cabido de Tenerife (en castelán: Cabildo de Tenerife) é o órgano de goberno da illa de Tenerife, nas Canarias. Como todos os cabidos, foi formado a partir da Lei de Cabidos de 1912, e é a forma gobernativa e administrativa propia das Illas Canarias, que cumpre dúas funcións principalmente: por unha parte, presta servizos e exerce competencias propias da Comunidade Autónoma e por outra, é a entidade local que goberna a illa.
O seu presidente dende o 16 de setembro de 2013 é Carlos Enrique Alonso Rodríguez, de Coalición Canaria.