Cabo Cod

Modelo:Xeografía físicaCabo Cod
(en) Cape Cod Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipocabo
península Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Barnstable, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°42′00″N 70°01′58″O / 41.700111, -70.032794
Bañado porCape Cod Bay (en) Traducir, Baía de Buzzards, Vineyard Sound (en) Traducir, Nantucket Sound (en) Traducir, Canal de Cape Cod (pt) Traducir e Océano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude16 m Editar o valor en Wikidata
Superficie880 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Climaclima subtropical úmido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451286
Mapa do leste de Massachusetts, mostrando a baía de Massachusstes, o cabo Cod e a baía de cabo Cod.

O cabo Cod (Cape Cod en inglés), coñecido popularmente en inglés como the Cape (o cabo), e denominado cabo de Keel polos antigos exploradores nórdicos, é unha península no extremo oriental do estado de Massachusetts, no nordeste dos Estados Unidos. O seu territorio coincide co condado de Barnstable. Moitas pequenas illas achegadas, incluíndo Monomoy, Monmoscoy, Popponesset e Seconsett, pertecen tamén ao condado, como parte dos municipios do cabo. As pequenas vilas e a extensa fronte marítima atraen masivamente ao turismo durante os meses de verán.

A península de Cabo Cod formouse como a morena terminal dun glaciar, resultando nunha península sobre o océano Atlántico. En 1914, construíuse o canal de Cabo Cod, que cortou o istmo, pero aínda hoxe é definido como península polos xeógrafos, que non cambian de criterio por modificacións artificiais do territorio.

Os vehículos poden cruzar ao cabo polas pontes Sagamore e Borunes, o último situado no extremo suroeste. Ademais, cóntase cunha ponte ferroviaria que permite o transporte de cmercadorías e pasaxeiros.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy