Cadeira (moble)

Cadeira Vermella e Azul de Rietveld, característica do movemento De Stjil.

Unha cadeira[1] é un moble con respaldo e a súa finalidade é servir de asento a unha soa persoa. Normalmente ten catro patas pero pode ter unha, dúas, tres ou máis. Algunhas contan con repousabrazos. Poden estar fabricadas en diferentes materiais: madeira, ferro, forxa, plástico ou unha combinación de varios. Segundo o seu deseño poden ser clásicas, rústicas, modernas, de oficina etc.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cadeira.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy